Blogia
natienxames

Antón Avilés de Taramancos. 1989

Avoa, nai anterga ensumida na terra,apodrecido,

cando mastigo o pan estou bicando

o teu sangue inmortal apodrecido,

o froito do teu corpo semeado: a túa saiva

 que através dos séculos renasce.

¡Doce esterco da vida! Bebo a auga

do cano dos teus ósos cando bebo.

Aniñada nos eidos teces a inconsútil firmeza

do adival que me guía e asegura: Ariadna.

É a túa man a que revive o lume,

pomba escura do tempo na lareira.

De ti provén a ascua e o fermento do canto,

a sillaría na que me sinto forte, o arco

do costelar que afondas, as raíces

minerais que sustentan

do xerme do teu colo, a miña vida.

0 comentarios